Monday 29 de April de 2024

O Concello renova 5.000 metros cadrados de viais en Eirís de Arriba


O Goberno local investiu nesta actuación 122.864 euros

A concelleira de Barrio, Mariel Padín, visitou Eirís de Arriba, con motivo da finalización das obras de reposición de pavimento en varios viais do ámbito que suman unha superficie de 5.000 metros cadrados.
Cun investimento de 122.864,57 euros, os traballos consistiron en labores de limpeza, saneos parciais nas zonas máis danadas, pavimentación das rúas mediante reforzo de 5 centímetros con mestura bituminosa en quente, reposición da sinalización horizontal e posta a cota de tapas e reixas dos diferentes servizos. A actuación inclúese no programa de reparación de firmes e pavimentos de calzadas dentro do obxectivo do Goberno local de manter e modernizar os viais coruñeses.
Estas obras súmanse a outras iniciativas levadas a cabo no barrio de Eirís como a estabilización do noiro na avenida de Lamadosa, a construción da glorieta de Terra Nova de Eirís, as obras de saneamento e a eliminación de barreiras arquitectónicas enCanteira de Eirís, distintas actuacións no parque de Eirís ou o acondicionamento dunha parcela entre a avenida de Monelos e Xerónimo Vázquez Franco, que se está a executar nestes momentos e que inclúe a mellora dun sendeiro, a instalación de área infantil e biosaludable, aparcadoiro e unha pista deportiva.